En Ribeira o Concello renova o alumeado das rúas de Lugo e Rosalía de Castro

03 Novembro 2021

O Concello de Ribeira informa da execución dos traballos para renovar as luminarias das rúas de Lugo e Rosalía de Castro en Ribeira: unha intervención que está sendo realizada por Instalaciones Eléctricas Coruñesas, S.L, cun investimento de 10.725 euros.

A intención desta intervención reside en “mellorar a iluminación nestas dúas vías substituíndo as luminarias actuais por outras de maior eficiencia acordes co seu carácter preferentemente peonil”, explicaron fontes do Concello.

Trátase de 4 novas luminarias na rúa Lugo e 24 de Rosalía de Castro, todas elas cunha cualificación enerxética A, que é “a de maior eficiencia segundo a gradación existente”, engadiu o Concello.

A actuación enmárcase no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 2/2020.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...