En marcha no Son a campaña cidadá para botar unha man con doazóns a Papá Noel e aos Reis Magos

23 Novembro 2021

O Concello de Porto do Son lanzou unha nova entrega da súa iniciativa para acadar unhas festas de remate do ano o máis inclusivas, sustentábeis, xenerosas e integradoras posíbeis. A campaña Nadal Máxico, Nadal Solidario púxose en marcha este 22 de novembro co obxectivo concreto de “botar unha man a Papá Noel e aos Reis Magos”, sendo a finalidade última que ningunha nena e neno fique estas festas sen o seu agasallo. A campaña estará aberto até o 10 decembro.

A cidadanía de Porto do Son poderá botar unha man en horario de 17.00h a 19.00 horas, achegando as súas doazóns (xogos, xoguetes e outros artigos) na Ludoteca Municipal. Para máis información, cómpre poñerse en contacto cos responsábeis da iniciativa a través da conta de correo omix@portodoson.gal ou do teléfono 698 197 909.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.