En Boiro, o carril bici do paseo de Barraña é obxecto de reparacións

02 Novembro 2021

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras de reparación no carril bici do paseo marítimo de Barraña. A actuación englóbase dentro dun proxecto para o mantemento e arranxo de beirarrúas e pavimentos no termo municipal, que se están a executar con cargo ao Plan Único (POS) da Deputación da Coruña.

A actuación, dun importe de 20.109,39 euros, comprende a reparación de varios treitos deteriorados nun treito de 1.5 quilómetros de lonxitude do carril bici que recorre o devandito areal. En total vanse poñer a punto un total de 230 metros cadrados de pavimento de formigón, que na actualidade presenta deficiencias debido ao paso do tempo, para o que se vai realizar unha demolición previa e a execución dunha nova soleira antideslizante e marcas viarias.

O proxecto de reparación e mellora de beirarrúas contempla outras actuacións en diversos puntos do termo municipal como son a pavimentación na rúa Nova, nunha rúa lateral na avenida de Barraña, no rueiro na praza do Lorcho en Cabo de Cruz, na Lagoa; a dotación de beirarrúas dende o Coído ata a Changuiña; melloras nos accesos do CEIP Escarabote e no CEIP Abanqueiro; ou a dotación dun camiño entre o río Breiro ata A Boliña.

Todas estas actuacións, por un importe total de 164.074,38 euros, vanse executar con cargo ao Plan Único Concellos da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.