Eliminado en Esteiro (Muros) un punto de vertido de augas residuais

06 Novembro 2021

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais en Esteiro, no concello de Muros.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, localizaron este foco no lugar da Ribeira do Maio, en Esteiro.
O persoal autonómico detectou este vertido nunha inspección rutineira nesta contorna, constatando, tras a súa avaliación, que a orixe se atopaba nunha vivenda unifamiliar desta zona.
Augas de Galicia informou ao Concello de Muros da situación para que procedera ao requirimento ao titular do inmoble particular da conexión das súas augas residuais á rede de sumidoiros municipal.
Nunha recente inspección, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a eliminación deste punto de vertido, grazas á execución da acometida da vivenda particular á rede de sumidoiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.