“Descendentes de Caín”. Manuel Dominguez III

20 Novembro 2021

Todos segundo a Biblia descendemos de Caín e Abel.
Caín mata a Abel por envexa.
A fábula é así, as xentes malas, envexosas e miserables son descendentes de Caín, e as xentes sas son de Abel.
Xa se que isto é discutible, pero para o escrito de hoxe é así.
Hai xentes tan rastreras e miserables que che desexan o mal, envexa, bo é entendible, o que xa non ten entendemento xa raia a miseria máis inhumana, é que desexen o mal non só para ti, senón para os teus fillos, para os teus netos, iso é ser espírito cainita, é o máis degradado do ser humano, e aquí sobra a palabra humano.
Canta dor, canto sufrimento para a familia dun ser tan indesexable
A envexa, o odio, o rancor, ten causas que danan a saúde, sobe a presión arterial, afecta o corazón, non che permite ver a realidade, causa infelicidade, produce ulceras estomacais, causa insomnio, irritación espasmos, sudoración.
O odio e o rancor non che permite gozar de ver como os primeiros raios de sol dan luz e vida ás flores e herbas do campo, non che permite apreciar a beleza da arte.


Non che permite gozar dos éxitos estudantís dos teus fillos ou netos, xa que os fillos do veciño supéranlle nun punto.
O espírito cainita non goza da súa fermosa casa, do seu matrimonio, do seu veleiro, non goza dos bens obtidos xa que o veciño tamén os ten e iso é a envida ter o que teño pero que non o teña o veciño, senón non vale a pena, o #gozar convértese en dor.
Pero desexarlle o mal a alguén facéndoo extensible aos seus fillos e netos iso non ten nome, no meu opinan esa gentuza non merece respirar noso mesmo aire.
Eses mal nados son os descendentes de Caín.

manueldominguez.es. lavozdelaemigracion.es

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.