Boiro ponse en loita contra o machismo cunha lectura de poemas diante do Consistorio

25 Novembro 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 25 de novembro, Día Internacional para a Loita contra a Violencia de Xénero, unha concentración diante do Consistorio na que participaron as e os integrantes da Corporación municipal, alumnado e profesorado dos centros educativos locais e membros de varias entidades sociais con presenza no municipio e na nosa comarca.

Na cita, na que se leron poemas da escritora local Charo Lopes e da coruñesa Lucía Aldao, estiveron presentes o alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Feminismo e Igualdade, Dores Torrado, o deputado provincial, Blas García, e outros membros da Corporación local.

A lectura de poemas realizárona representantes da Asociación Ambar, a Asociación Amicos, Cruz Vermella, o Centro de Día de Boiro e alumnado do municipio. Á concentración sumouse tamén a Asociación Boirense de Empresarios, persoal municipal e veciñanza.

Máis actividades

A concelleira de Feminismo e Igualdade explicou que dende o Concello estase a traballar durante todo o ano en actividades e accións que teñen como obxectivo loitar contra a violencia machista. Este mes, salientou, programáronse unha serie de charlas englobadas dentro do ciclo Muller e saúde, uns faladoiros gratuítos sobre saúde vinculada á cuestión de xénero. Sen ir máis lonxe, este venres 26 de novembro abordarase a temática sobre habilidades de manexo de estrés, impartida por Patricia Porrúa Monterroso, psicóloga sanitaria, a partir das 16.30 horas no Centro Social de Boiro.

Participación en De Fronte

O Concello de Boiro, co obxectivo de dar visibilidade á violencia exercida contra as mulleres, participa nas campañas De Fronte contra a violencia de xénero, que impulsa a área de Igualdade da Deputación da Coruña e En Negro contra as violencias, unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas. Durante estes días pode visitarse tamén no Centro Social de Boiro a mostra permanente Mulleres Senlleiras e, no me de febreiro, expoñerase Nós somos elas unha mostra da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...