Até cinco centros docentes estréanse este curso no Club da Ciencia

02 Novembro 2021

A innovación nos centros docentes abre camiño. Segundo vén de confirmar Cultura e Educación, o programa de innovación educativa Club de Ciencia vai chegar este curso a 146 centros, 37 deles de nova incorporación. En concreto, desenvolveranse en 65 centros da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 18 de Ourense e 46 centros de Pontevedra. Da comarca do Barbanza, pasan a formar parte da iniciativa cinco centros: o IES Nº1 de Ribeira, o IES Praia de Barraña de Boiro, o CEIP Ana María Diéguez de Rianxo, o IES de Porto do Son e o CEIP Plurilingüe de Outes.

O Club de Ciencia é unha iniciativa abeirada á Estratexia Educación Dixital 2030 que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos científico-tecnolóxicos posteriores.

Trátase do sexto ano consecutivo que a Consellería pon en marcha esta acción, que naceu como experiencia piloto no curso 2016/17 con nove centros en toda Galicia.

O Club de Ciencia defínese como “un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas”. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado de Educación Primaria, Secundaria obrigatoria ou Bacharelato. Un dos docentes actuará como persoa coordinadora do club.

Cada centro docente seleccionado recibe unha achega económica para sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria.

Listado de centros de nova incorporación aos Club de Ciencia

A CORUÑA

-IES Plurilingüe Elviña

A Coruña

-IES Nº 1

Ribeira

-CEIP Alborada

A Coruña

-IES de Curtis

Curtis

-IES Manuel Murguía

Arteixo

-IES Praia Barraña

Boiro

-IES Moncho Valcarce

As Pontes de García Rodríguez

-IES de Sar

Santiago de Compostela

-CEIP Ana María Diéguez

Rianxo

-IES de Porto do Son

Porto do Son

-IES A Sardiñeira

A Coruña

-IES Ramón Caamaño

Muxía

-IES do Milladoiro

Ames

-CEIP Plurilingüe de Outes

Outes

LUGO

-CEIP Juan Rey

Lourenzá

-IES Xoán Montes

Lugo

-CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Mondoñedo

-CEIP da Pobra de Brollón

A Pobra do Brollón

-IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Sarria

CPI Uxío Novoneira

Pedrafita do Cebreiro

OURENSE

-IES Lauro Olmo

O Barco de Valdeorras

-CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

-CEIP de Maceda

Maceda

-IES 12 de Outubro

Ourense

-IES García-Barbón

Verín

-CEIP Bibei

Viana do Bolo

PONTEVEDRA

CEIP Pío Cabanillas Gallas

Dozón

-IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

-CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Salvaterra de Miño

-CEIP Plurilingüe Santa Mariña

Vigo

-IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

-IES Plurilingüe Aquis Celenis

Caldas de Reis

-IES Carlos Casares

Vigo

-CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo

Valga

-IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

-IES Johan Carballeira

Bueu

-IES Ribeira do Louro

O Porriño

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.