“As centolas van de marcha”. Antón Luaces

06 Novembro 2021

Após unha longa ausencia establecida pola Consellería do Mar, a centola vai facerse visible, por fin, nas lonxas desta Comunidade Autónoma de Galicia a partir do luns, 8 de novembro de 2021. Libéranse, deste xeito, as gañas de degustar este saborosísimo marisco dos nosos mares ao tempo que as embarcacións de artes menores avían os trebellos cos que os seus tripulantes poderán adicarse á  estración dese crustáceo. É ese día, que desexamos feliz para aqueles mariñeiros-mariñeiras que cifran todas as súas esperanzas de recuperaciòn econòmica nunha campaña que debe ser necesariamente boa e que ten como protagonistas a centola e o boi de mar.

Corrubedo e o seu cabo son o eixo central da nova campaña da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra. Todo comeza, para sur e para norte, nese cabo roncadoiro que é o de Corrubedo, no concello de Ribeira. Será este domingo, 7 do mes de Defuntos: na área de Cabo Corrubedo ata A guarda, e de Cabo Corrubedo ata a Estaca de Bares. O comezo da actividade rexerase , segundo o estabelecido pola Consellería do Mar, polo que dispón o decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a estración profesional dos recursos mariños vivos, no ben entendido de que a frota adicada á captura da centola non pode vender esta na lonxa ata o luns, día 8 de novembro.

A campaña da centola en ambas as provincias (A Coruña e Pontevedra) estará vixente ata o comezo da veda prevista para o 2022, con data a fixar en base ao correspondente plan de xestión. Tamén abre este domingo a campaña do boi de mar en todo o litoral galego, con venda das capturas en lonxa o luns 8 de novembro -ao igual que a campaña da centola- . Esta actividade vai manterse ata o comezo da veda do vindeiro ano.

A cota máxima de capturas de cada unha das especies citadas será de 35 quilos por barco e día. A esta cantidade poden sumarse outros 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar nas campañas citadas todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas outras que, tendo porto base noutra comunidade autónoma, dispoñan de permisos especíais de pesca para faenaren nestas augas (desde A Guarda ao cabo Estaca de Bares).

As centolas e os bois de mar van marchando, logo, ao igual que os santos na  famosa canción ou hino góspel estadounidense -que toma elementos da música folclórica- “When the Saints Go Marching In” (“Cando os santos veñen marchando” ou “A marcha dos santos”) gravada polo inesquecible Louis Amstrong o 13 de maio de 1938. Só falta que sexa unha boa campaña.

Outros artigos

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

+

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

+

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ambosores” – Xulio Xiz

“Ambosores” – Xulio Xiz

O sábado tocou incursión por As Pontes, terras veciñas que a división provincial se empeñou en arredar e a realidade en xuntar, e aí está a autovía entre As Pontes e Vilalba, e os centos de postos de traballo que As Pontes deparou nas décadas pasadas. Visitamos nas...

“Desgraciados inmorales” – Manuel Domínguez

“Desgraciados inmorales” – Manuel Domínguez

Desgraciados inmorales. No merecen respirar el aire que respiran. Hasta mayo de 2023, los políticos que trabajan en el congreso solían gastarse un total de 4,5 euros en el menú diario. Pero actualmente, el precio ha ascendido hasta los 6,46 euros. El menú diario...