Amicos opta a un premio europeo polo seu labor a prol do medio ambiente e a integración social

15 Novembro 2021

A Asociación Amicos vén de ser nomeada, polo seu imporante labor a prol do medio ambiente e a integración de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas, aos premios European

Social Services Awards. Máis concretamente, concorre na categoría de Innovación e Servizos Sociais polo seu proxecto Herdanza Mater.

Esta iniciativa conxuga o coidado da natureza e a discapacidade, a través de actividades nas que os principais protagonistas “exercen o liderado como guías ambientais”, explican dende a asociación, engadindo que o proxecto pon en foco en áreas de alto valor patrimonial como parques naturais. Nestas contornas, a brigada de Amicos desenvolve labores de reforestación de especies autóctonas, erradicación de especies invasoras, habilitación de zonas adaptadas para flora e faunas autóctonas, ou restauración do patrimonio.

Fontes de Amicos salientan que as actividades incluídas en Herdanza Mater van dirixidas a fomentar “o voluntariado, a sensibilización medioambiental e o cambio de rol da discapacidade intelectual, pasando de pasivo a activo e asumindo a dirección das distintas accións”.

A entrega de premios será o 3 de decembro en Bruxelas grazas á European Social Network (ESN), organización formada por 140 entidades públicas de 35 países relacionadas coa xestión e o fornecemento de servizos sociais. A votación estará aberta en formato en liña ata o venres, 19 de novembro, na páxina de ESSA, onde só teremos que facer un simple rexistro (achegando o noso nome, o correo electrónico e un contrasinal) para que o noso voto fique gardado de maneira correcta. Esta votación online popular suporá o 35% do resultado final. O 65% restante será decisión da puntuación do xurado que realizou a preselección dos nomeados aos premios.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.