Amicos clausurou as actividades do seu Programa Integrado de Emprego 2020 – 2021

03 Novembro 2021

A Asociación Amicos clausurou este 3 de novembro en Ribeira as actividades do seu Programa Integrado de Emprego (PIE) 2020 -2021. Asistiron a acto celebrado no Auditorio Municipal ribeirense Judit Fontela Baró, xefa territorial de Emprego e Igualdade, Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira, Digna Iglesias, vicepresidenta de Amicos, e Xoán España, director xeral de Amicos, amais de diversos representantes das empresas colaboradoras, entre os que se atopaba Elena Garrido, directora de Recursos Humanos do grupo JEALSA, e participantes no PIE. No acto púxose de manifesto “o gran labor que realiza a organización comarcal Amicos na sociedade, sobre todo, en canto a creación de igualdade de oportunidades e inserción laboral”.

Judit Fontela Baró quixo pór en valor a importancia de mostrar as experiencias vividas, “pois son o reflexo real do programa”, e agradeceu a Amicos o seu traballo. Tamén fixo referencia ao “compromiso, ilusión e implicación do alumnado, as empresas, as entidades e os concellos” que axudan a que o PIE sexa posíbel.

Na cita participaron a maiores as alumnas participantes, que recibiron unha acreditación polo agradecemento e o interese mostrado dende que se iniciou o PIE en novembro de 2020 e tiveron a oportunidade de contar as súas experiencias, tanto do punto de vista das estudantes, como das entidades participantes. Entre as alumnas atopábase Nerea Ajeitos Martínez, que foi a representante das súas compañeiras presentando o acto, amais de Mariám García del Río e Maria del Carmen Vara, que relataron as sensacións que viviron durante o curso.

Elena Garrido, pola súa banda, denominou a entidade Amicos como “compañeira de viaxe” e salientou a importancia de crear “emprego de calidade para que as persoas atopen un lugar onde se poidan desenvolver persoal e profesionalmente”.

122 mulleres participantes

No PIE do último ano, 122 mulleres participaron nas accións de formación e orientación. Entre as beneficiarias, hai 27 mulleres con discapacidade, 31 mulleres son menores de 30 anos con baixa cualificación e 14 mulleres están en situación de risco de exclusión social. A duración total en horas da formación impartida foi de 1.929 horas, segundo informou Amicos, engadindo que o obxectivo do proxecto é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Gracias ao PIE, 66 mulleres participantes no programa encóntranse traballando na actualidade e 39 de elas xa cumpriron tres meses desenvolvendo as súas funcións nunha empresa.

O Programa Integrado de Emprego 2020-2021 dividiuse en formación transversal en habilidades de comunicación, traballo en equipo e actitudes positivas para o emprego; formación complementaria para a manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais, inglés e formación en novas tecnoloxías; e formación para o emprego, como por exemplo o Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria en Institucións Sociais, o Certificado de Profesionalidade de Operacións Básicas de Restaurante e Bar, ou a Formación como Auxiliar de Sección de Produtos Frescos.

O proxecto foi posíbel gracias ao financiamento da Xunta de Galicia, o Servicio Público de Emprego Estatal, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...