A Xunta traslada ao Concello do Son a colaboración do IGVS e Xestur no pulo ao parque empresarial

04 Novembro 2021

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo este 4 de novembro unha reunión co alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, na que tamén participou a tenente de alcalde, María Maneiro. Na xuntanza falaron dun dos programas dirixidos aos concellos galegos para rehabilitar inmóbeis de titularidade municipal e facilitar vivenda pública en alugueiro, como é o Fondo de Cooperación. García Porto comprometeuse a colaborar co Goberno local en materia de vivenda e solo empresarial.

García Porto recordou que o Executivo decidiu recentemente duplicar o capital do Fondo de Cooperación ata os 20 millóns de euros, “grazas aos que poderá seguir facilitando créditos sen xuros aos municipios que desexan executar actuacións de conservación e rehabilitación de inmóbeis municipais”. Amais, tamén debullou os detalles dun novo programa de préstamos de apoio ás entidades locais –dotado con 3 millóns de euros-, que terá un funcionamento similar ao Fondo de Cooperación; pero no caso concreto desta nova iniciativa o fin será facilitar aos concellos a liquidez necesaria para promover ou comprar vivendas de nova construción dirixidas a alugueiro social.

Outro dos puntos abordados na reunión foi o desenvolvemento dun parque empresarial por parte do Concello. Nese sentido, o director trasladou o seu compromiso de que o IGVS e a empresa pública Xestur “prestarán o apoio técnico para que desenvolva esta actuación no momento no que conclúa a tramitación dunha modificación do seu plan xeral, para adaptar o futuro polígono ás necesidades actuais”.

Outros artigos

O obradoiro de emprego Tahume XI inicia a parte práctica da formación

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume XI, que comparten e impulsan en colaboración os concellos de Ribeira e O Porto do Son, iniciaron xa a parte práctica do itinerario formativo con traballos no parque periurbano de San Roque e no taller de carpintaría. No...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.