A Piscina Municipal e o Concello de Rianxo promoven un programa para combater o sedentarismo en adolescentes

A experiencia piloto realizarase no terceiro curso da ESO do Instituto Félix Muriel

A Piscina Municipal de Rianxo, xestionada polo grupo BeOne, e o concello de Rianxo impulsan un programa centrado en combater o sedentarismo que, segundo recentes estudios da Organización Mundial da Saúde, afecta a cerca do 70% da poboación infantil. Esta porcentaxe de menores non realiza a actividade física recomendada para a súa idade.
Co propósito de ensinar hábitos de vida saudables e promover a práctica deportiva habitual, Piscina e Concello, prepararon o programa Move-T que se impartirá nos seguintes catro meses, empezando en decembro, no terceiro curso da ESO do Instituto Félix Muriel. O programa ten catro fases, unha por mes, na que se tratarán diversos aspectos da actividade física para achegar aos mozos hábitos saudables durante as horas da materia de Educación Física.
No primeiro mes, os técnicos deportivos da piscina realizarán medicións como a do Índice de Cintura Cadeira, da porcentaxe graxa do corpo ou da porcentaxe de masa muscular. Con elas estableceranse pautas e sistemas de control para comenzar a establecer os hábitos de vida saudable. Asignarase a cada alumno o programa de control da porcentaxe graxa, que irá cambiando cada mes. Ademais habilitarase no instituto un espazo saudable, no que a piscina
cederá máquinas de adestramento, propiedade do concello, na que os alumnos poderán realizar os exercicios recomendados sempre baixo a supervisión dun profesor.
Xa no segundo mes, xaneiro de 2022, ademáis de seguir cos controis das evolución dos estudantes; impartiranse dúas sesión de actividades de forza que teñen como obxectivo a mellora postural e o aumento da velocidade e da resistencia física. En febreiro, ademáis dos controis e novos programas adaptados a cada alumno, impartiranse sesións na instalación da Piscina propias dun centro deportivo deste tipo, ademais de continuar coas sesión de forza; practicaranse actividades de nado e cardiovasculares.
No último mes de marzo, ampliaranse estas actividades a unha sesión semanal e estableceranse os últimos programas individualizados de control da porcentaxe graxa e de masa corporal. Os resultados desta experiencia compartiranse cos alumnos coa fin de mellorar os seus hábitos e establecer novas rutinas que lles axuden a levar vidas máis saudables. Cos resultados obtidos, os responsables do programa exporán a posibilidade de ampliar este programa a outros cursos e institutos ou escolas.