A experiencia sustentábel da nosa comarca centra unha xornada do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, en Rianxo este xoves

03 Novembro 2021

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza vai organizar este xoves 4 de novembro, a partir das 12.45 horas, unha xornada para dar a coñecer os seus logros recentes e informar sobre o seu futuro da man dos máximos representantes das entidades que o compoñen: a Fundación Banco Santander, a Fundación RIA e a Universidade de Santiago de Compostela. Celebrarase o vindeiro xoves 4 de novembro ás 12:45 horas no salón de plenos do concello de Rianxo.

A granxa do Fietoso (foto de Fousas ao Monte)

Nesta xornada, cuxa recepción virá a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, estarán presentes os máximos representantes das entidades que desenvolven o Laboratorio:

• Rodrigo Echenique, presidente da Fundación Banco Santander, entidade cofinanciadora do proxecto.

• Borja Baselga, director da Fundación Banco Santander.

• David Chipperfield, presidente da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto.

• Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

• Lourenzo Fernández Prieto, catedrático e coordinador do grupo de investigación HISTAGRA (USC).

O alumnado do IES Félix Muriel de Santiago traballando na terra (foto de Rafael Saco)

Visitas aos proxectos semente

Ao longo da xornada, visitarán as Brañas de Laíño (Dodro) e o Campo de Maneiro no monte Fieitoso de Taragoña (Rianxo) para coñecer os progresos dos proxectos semente, as tres iniciativas que foron seleccionadas na convocatoria aberta organizada polo Laboratorio en xullo de 2021. Esta convocatoria foi o primeiro paso da segunda fase do Laboratorio, dirixida a poñer en práctica os principios da sustentabilidade identificados durante a investigación que levou a cabo en 2020 e que tivo como broche a publicación do libro Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro (dispoñíbel para descarga gratuíta en español, galego e inglés na web do Laboratorio).

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común O Fieitoso de Taragoña, co persoal do centro CEIP Brea Segade e as cabuxas da comunidade (foto de Adrián Capelo)

Da devandita investigación desprendíase a importancia de conxugar os aproveitamentos produtivos sustentábeis e a demostración dos seus beneficios (ambientais, económicos e sociais) e a súa divulgación, así como desenvolver estas actividades en coordinación coa comunidade local, “establecendo e reforzando lazos de unión entre as persoas e o territorio”.

As Brañas de Laíño, en Dodro, exemplo referencial de sustentabilidade agraria e medio ambiental (foto de Adrián Capelo)

Outros artigos

Este sábado volve o Mercado Eco-lóxico de Boiro

Este sábado 24 de xaneiro volve o Mercado Eco-lóxico de Boiro. Como lembraremos, segundos e cuartos sábados de cada mes celébrase na praza da Terceira Idade o Mercado Eco-lóxico con produtos de tempada e proximidade. O mercado celebrará a súa nova edición este sábado...

+

Padrón preséntase en FITUR 2026 como “capital galega do ciclismo”

O Concello de Padrón pechou a súa participación na edición 2026 da Feira Internacional de Turismo (FITUR) cunha proposta sólida e diferenciada, na que o Padrón deportivo cobrou un protagonismo especial, situando o municipio como a capital galega do ciclismo nun ano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.