Xornadas para celebrar os corenta anos do Estatuto de Autonomía de Galicia

17 Outubro 2021

A Xunta celebra a vindeira semana unhas xornadas conmemorativas que, baixo o título “Galicia. Corenta anos de autonomía (1981-2021)”, van abordar as catro décadas do Estatuto de Autonomía de Galicia.
As actividades, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), estenderanse durante dous días e pecharanse o martes 19 cunha mesa redonda protagonizada polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo e os ex- presidentes, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. Os tres debaterán sobre o futuro do Estado autonómico e a evolución política e social de Galicia.
As xornadas ábrense o luns 18 de outubro, na sede da EGAP, cunha inauguración institucional a cargo da directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira e ao conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo.
A primeira sesión continuará coa proxección dun vídeo conmemorativo “Galicia. Corenta anos de Autonomía”. Para rematar a sesión matutina, terá lugar unha mesa redonda baixo o título “Significado da aprobación dun Estatuto de Autonomía para Galicia: do autogoberno ao deseño da arquitectura institucional”. Na sesión vespertina do luns, haberá
outra mesa redonda na que se abordará a descentralización territorial como punto de inflexión do desenvolvemento económico da comunidade galega.
O día 19, ademais da mesa conformada polos presidentes autonómicos, representantes parlamentarios das distintas formacións políticas debaterán en torno aos retos, cuestións latentes e propostas de futuro do Estatuto.
Esta iniciativa quere conmemorar o corenta aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, poñelo en valor e favorecer o debate en torno ás implicacións do vixente marco estatutario e a súa contribución esencial ao desenvolvemento da autonomía política e do autogoberno, así como analizar a súa proxección de futuro.

Comisión redactora del Estatuto de Autonomía. Arquivo Parlamento de Galicia

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.