Xa está dispoñíbel en prevenda o Calendario Solidario de Ambar

04 Outubro 2021

Xa está dispoñíbel para a súa prevenda o Calendario Solidario 2022 da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional.

DCIM\100GOPRO\G0014526.JPG

Segundo informa a entidade, esta oitava edición do calendario (un novo repaso creativo por algúns dos filmes de meirande pegada da carteleira das últimas décadas, nos cales as e os protagonistas indiscutíbeis son as e os integrantes da comunidade de Ambar), vén marcada pola conmemoración do 40 aniversario da asociación, que en 2022 cumpre 4 décadas impulsando os dereitos das persoas con diversidade funcional.

Así, baixo o slogan 40 anos de cine, 40 anos de Ambar, recompilaranse fitos históricos da traxectoria da entidade a par que películas representativas do cine español desas datas.

Desta volta, Ambar volve contar coa colaboración creativa do fotógrafo Victor Manuel Martínez (Pichero).

A presentación oficial do calendario farase no mes de novembro seguindo a liña de anos anteriores e tendo en contas as medidas de seguridade vixentes nese momento.

O calendario ten un custe de 7€ na súa versión de parede e 3€ de mesa. Pode reservarse tanto na web da entidade (asociacionambar.org) coma nas canles habituais: chamando ao 981 87 44 80 ou escribindo a correo@asociacionambar.org. As primeiras 20 persoas que o reserven recibirán un agasallo dos obradoiros artesanais de Ambar.

40 aniversario dunha asociación histórica

Este proxecto, que comezou a súa andadura no ano 2015 e que promove o cine con valores sociais e o apoderamento das persoas con diversidade funcional a través da expresión artística, vístese de gala para conmemorar o 40 aniversario da Asociación Ambar. Nesta edición o calendario estará composto por carteis representativos do cine español dos últimos 40 anos e irá acompañando de fitos históricos relevantes na traxectoria da entidade.

ozedf

Coa recadación obtida da súa venta, Ambar impulsará proxectos que melloren a autonomía e calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Está dispoñíbel xa en Youtube un audiovisual coa presentación do calendario.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.