Veciños e empregados da planta de Lousame protestan en Noia contra o seu “desmantelamento”

10 Outubro 2021
Remitida

Centos de veciños sumáronse este domingo aos traballadores da planta de residuos de Lousame nunha manifestación celebrada en Noia pola continuidade e en contra do “desmantelamento” das súas instalacións, que dan emprego a unhas 150 persoas.

A manifestación, encabezada por unha gran pancarta, partiu ao mediodía do Campo de Noia para logo atravesar a ponte e transcorrer polo dique ata a zona de San Lázaro. Despois, os participantes na protesta deron a volta á rotonda para concluír no Concello.

Ante o ano 2023 no que se acaba o contrato coa compañía da pranta e o seu pase a SOGAMA, o que podería implicar, segundo o Comité de Empresa, recortes que afectarían segundo cálculos sindicais ao 40 por cento da contorna de 150 traballadores que hai na planta de Lousame hai unha folga convocada para este luns e que afectará á recollida de lixo de oito concellos: os da mancomunidade Serra do Barbanza (o propio Lousame, Brión, Carnota, Muros, Noia e Porto do Son e a Ames e Rois, adheridos a esta instalación.

O voceiro parlamentario do PSdeG participou esta mañá na manifestación convocada en Noia

Na protesta deste domingo participou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen desde Noia esixiu á Xunta que se comprometa a colaborar no futuro da planta con dous obxectivos: “garantir a continuidade” tras o fin da concesión e “manter todos os postos de traballo”.

Caballero trasladou “todo o apoio” dos socialistas aos empregados e reclamou ao conxunto das administracións públicas que traballen para manter uns postos “que son tan importantes para toda esta comarca”.

“Sen dúbida, sempre hai que facer investimentos para mellorar as plantas de reciclaxe”, recoñeceu, para seguidamente matizar que a de Lousame xa “permite un gran volume de reciclaxe en todos os municipios aos que presta servizo”.

Outros artigos

Alarma de vertido no malecón de Gasset, en Noia

O Concello de Noia recibiu aviso na tarde deste venres 16 de xaneiro dun novo aviso de vertido na ría, concretamente un vertido de líquido cor verde aparecido na ría, a carón do malecón de Gasset. Ata alí desprazáronse o alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.