“Unha pila de alpurnadas”. Antón Luaces

12 Outubro 2021

As alpurnadas no eido do mar e, particularmente, no da pesca, dánse a eito.

Máis aínda cando o mariñeiro (agora mariñeiro-pescador pola graza da nomenclatura) tiña tamén unha compoñente importante de labrador, funcións ambas as dúas que no Ortegal e nomeadamente no porto de Cariño, desempeñaban -e aínda o fan hoxendía os poucos mariñeiros que na zona perviven- os homes antes de emprender o camiño da emigracióin.
Alpurnada debeu ser -e aquí entono a miña culpa- que, malia os anos de oficio no xornalismo, crera e divulgara a problemática -máis que coñecida polos cariñeses- da confraría de pescadores de Cariño, salvada in extremis das tráxicas circunstancias do seu máis que posible peche definitivo e, na actualidade, sen máis valedores para a súa difícil  pervivencia que o interese dos percebeiros que fían o seu futuro no uso da lonxa local (á que aspiran dúas confrarías veciñas) para non depender como organización de, por exemplo, a asociación de percebeiros de Cedeira.O que vai uns meses anunciara neste mesmo xornal que ía presentar a súa demisión como patrón maior do pósito cariñés, mantense no cargo. Fáino, segundo os propios cariñeses, porque lle gusta o cargo por máis que diga que este non lle da máis que disgustos e crebacabezas. Pero ahí sigue. Coma sempre, botando aos demáis culpas que el non asume na súa breve xestión ao fronte dunha confraría da que, cando se fixo cargo na mesma, xa tiña tantos ou máis problemas dos que agora ten. 

Dicíame non hai moitos días un dos colaboradores do devandito patrón maior de Cariño que sempre lle pareceu que a Javier Pita  interesáballe máis a contorna social do pósito Nuestra Señora del Carmen de Cariño que dar solución a problemática desta institución. E na contorna figura, que dúbida cabe, o negocio de hostalaría ubicado no mesmo edificio que acubilla a problemática dos cada vez menos barcos e gamelas de toda caste que quedan neste que foi próspero porto pesqueiro, sobrevivente hoxendía grazas ao denostado transporte de caolín que estraga a estrada provincial e crea problemas sanitarios a unha poboación que debe soportar o traslado de centos de toneladas dese mineral desde a mina de Landoi ata o porto responsabilidade do ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar. 

É dicir: desde aquela denuncia-aviso de Javier Pita na que alertaba da creba ou bancarrota do pósito debido ao descenso de facturación -mal que a confraría arrastraba desde o ano 2007 por mor dunha débeda contraída que nunca se saldou- o seu labor ao fronte da entidade pública foi tan nula que o único que queda na memoria colectiva do pobo é, como non, a denuncia de que Portos sancionaba ao pósito e aplicaba a este unhas medidas que non eran de recibo e que conducirìan á desaparición total dunha entidade sumamente arraigada no actual municipio cariñés e que este, coa corporaciòn municipal diante, debía loitar por evitar esa actuación do organismo estatal.

O concello non entrou ao trapo. Máis ben calou algunhas actuacións realizadas que non eran da súa competencia, para evitar males maiores á confraría. E ao final, quedaba en entredito o interese dos cariñeses e o do patrón maior: os armadores dos pouco barcos que quedaban en Cariño vendían as capturas realizadas noutros portos (co que a confraría cariñesa non percibía a comisión que lle correspondía pola utilización da lonxa para a venda en fresco do peixe e marisco subhastados) e o pósito entraba no xogo que o seu presidente levaba a cabo como concesionario dun negocio de hostalaría no seu día outorgado polo ente público.

O caso é que non hai nada arranxado: Cariño queda sen barcos de pesca no seu porto, a fábrica de xeo construida pola confraría segue ergueita coma un monumento á nada, a lonxa -modernizada en función das posibilidades- pode perderse se os percebeiros cariñeses non poden utilizala, o edificio da confraría ocupa un terreo que non lle pertence e así, aos poucos, Cariño vai perdendo o pouco que tiña.

Quedan, como logros, o concello de seu desvinculado de Ortigueira e un instituto polo que loitou a veciñanza. Pero o número de habitantes baixa e os que quedan dan a Cariño unha mostra evidente de ser un pobo balneario, desertas as súas rúas na maior parte do día e cunha poboación maioritariamente integrada por xubilados. Será este o futuro que queren os cariñeses?. Teño ben seguro que non, pero moito deberán remar se queren que a confraría desembarranque de vez.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión