Sábado chega a choiva e baixa a temperatura

15 Outubro 2021

Unha fronte irase achegando a Galicia durante este sábado. Con esta situación, as nubes irán en aumento desde o oeste, con chuvias que comezarán a partir do mediodía polas comarcas atlánticas e iranse estendendo ao resto da Comunidade co avance da tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso nas comarcas atlánticas quedando sen cambios no resto. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos durante o día, aumentando ao final da xornada no litoral atlántico.

O domingo seguimos con nubes e algún chuvasco pola tarde.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:023.0 m
Baixamar08:001.2 m
Preamar14:163.3 m
Baixamar20:380.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:543.0 m
Baixamar07:541.3 m
Preamar14:063.3 m
Baixamar20:301.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:003.0 m
Baixamar07:581.2 m
Preamar14:113.3 m
Baixamar20:340.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.