Primarias do PsdeG-Psoe: Ribeira acolleu hoxe a Gonzalo Caballero

11 Outubro 2021

GONZALO CABALLERO: “O MEU PROXECTO É A MELLOR GARANTÍA PARA VOLVER ACADAR MÁXIMOS HISTÓRICOS NAS MUNICIPAIS E NAS XERAIS DE 2023”

Caballero en Ribeira. remitida

Caballero reivindica un proxecto “na esquerda” e chama a impedir “a dereitización do PSdeG” Ribeira/Vilagarcía, 11 de outubro de 2021. Gonzalo Caballero participou hoxe en dous encontros coa militancia socialista en Ribeira, na provincia da Coruña, e en Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.
Neses actos, Gonzalo Caballero reivindicou o seu proxecto por tratarse da “mellor garantía para volver acadar máximos históricos nas eleccións municipais e xerais de 2023”, como xa ocorreu en 2019.
De feito, con Gonzalo Caballero como secretario xeral, o PSdeG conseguiu o fito de vencer ao PP, algo que nunca ocorrera na historia da autonomía galega, ata en dúas ocasións.
Por iso, presentouse co “aval” do traballo ben feito en clave electoral e apelou a seguir avanzando na mesma liña para volver acadar “resultados históricos” en 2023.
Deste xeito, Gonzalo Caballero apostou por “seguir avanzando” e construíndo “un PSdeG forte” que estea asentado “na esquerda” cos valores “do galeguismo, o feminismo, o ecoloxismo e o compromiso ético” como sinais de identidade, impedindo así a “dereitización” do PSdeG.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...