Porto do Son consegue por segundo ano a bandeira verde de Galicia pola protección e conservación da paisaxe

06 Outubro 2021

A Xunta vén de fallar a concesión por segundo ano consecutivo da bandeira verde de Galicia ao concello de Porto do Son, co fin de recoñecer o seu esforzo e a súa implicación, así como dos seus veciños, na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural.
Nesta segunda convocatoria tamén foron distinguidos os municipios de Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober, que acadan por primeira vez a bandeira verde de Galicia; mentres que Moaña revalida tamén este recoñecemento, despois de que na primeira edición –a de 2020- fora un dos primeiros concellos que
ondearon o distintivo, xunto con Porto do Son.
O devandito recoñecemento, creado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, estaba aberto a todos os concellos de Galicia que desenvolveran actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos, así como accións de
sensibilización e comunicación para concienciar aos veciños da importancia de actuar e avanzar nestes eidos.
Deste xeito, distínguese ás entidades locais máis dinámicas neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, o fomento da correcta xestión do lixo, a adopción de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, a posta en valor de monumentos
naturais ou a redución do consumo enerxético.
Con estes galardóns, o Goberno galego quere premiar a aqueles concellos que destacan polas súas boas prácticas ambientais de conservación e protección da paisaxe, ao tempo que se converte nunha correa de transmisión entre o traballo que fan as administracións locais e a implicación da cidadanía.
Así mesmo, son un xeito de poñer en valor a rica e extensa diversidade paisaxística de Galicia e de apuntalar a idea de Galicia verde.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.