Os tres detidos por unha pelexa en Ribeira quedan en liberdade tras pagar a fianza

04 Outubro 2021

Os mozos detidos pola Policía Nacional, acusados de darlle unha malleira a outro en Bandourrío, quedaron en liberdade tras pagar a fianza. As familias abonaron o diñeiro. A vítima segue recuperándose dos golpes recibidos e foi operada da fractura do nariz no Hospital Clínico de Santiago, así como dun pómulo que tamén acabou esnaquizado. O mozo estará en observación no centro hospitalario.

Lembramos que o pasado 25 de setembro, tal como informamos en obarbanza.gal un mozo de 19 anos veciño de Ribeira tivo que ser levado ao Clínico de Santiago despois de recibir unha malleira no barrio de Bandourrío.

O mozo que estaba na porta dun pub recibiu un golpe na parte posterior da cabeza e tras darse a volta e dirixirse ao mozo que presuntamente o golpeou, e supostamente sen practicamente mediar palabra este propinoulle unha puñada na cara. Aínda que o agredido se defendeu, na pelexa entraron outros dous ou tres novos máis, que seguiron golpeándoo na cara ata tiralo ao chan e propinarlle varias patadas no rostro.

A Policía Nacional de Ribeira detivo a tres individuos “por un delito de lesións”. Trátase de tres varóns con idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos, veciños de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.