O V Concurso Fotográfico de Micoloxía impulsado polo Concello da Pobra repartirá 600 euros en premios

20 Outubro 2021

O Concello da Pobra presentou este 20 de outubro máis detalles da quinta edición das Xornadas Micolóxicas, que teñen o obxectivo de “contribuír á divulgación da micoloxía e á valoración e o respecto polos recursos naturais e o medio ambiente”, tal e como manifestaron a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González. Segundo fixeron saber, o programa de actividades inclúe un certame de fotografía (o quinto Concurso Fotográfico de Micoloxía) que repartirá 600 euros en premios.

O prazo de matrícula, realización e a entrega das obras candidatas establécese dende este mesmo 20 de outubro, ás 15.00 horas, ata 7 de novembro, ás 23.59 horas. A inscrición é de balde, obrigatoria e previa á entrega das obras, se ben se poderán realizar ámbolos trámites na mesma xornada. Para se anotar é preciso enviar un correo electrónico a apobra.micoloxia@gmail.com no cal se indique o nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Unha vez recibidos eses datos, a Área do Medio Ambiente do Concello remitirá a cada persoa a tarxeta de participación no certame.

Segundo explicaron, admitiranse só dúas obras por persoa participante e, no caso de se entregaren máis, quedarán excluídas todas elas. Ademais, deberán ser orixinais e inéditas; as persoas participantes responsabilizaranse de ser as únicas autoras delas. Cada obra debe constar de dúas fotografías: a identificativa, onde se vexa a tarxeta de participación co nome da persoa participante e lugar onde se fixo; e a participativa anónima, sen tarxeta, que será a que se remita ó xurado.

As obras entregaranse mediante o enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com, ben directamente ou ben a través dunha ligazón do WeTransfer.

O xurado emitirá o seu ditame e as persoas gañadoras serán nomeadas por unha resolución da Alcaldía, que será publicada no Facebook do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal e na páxina web municipal, ademais de seren avisadas polo correo electrónico ou teléfono.

Os premios consistirán exclusivamente en bonos de compra na plataforma web www.deanshop.es e consideraranse tres galardóns con diferentes contías, que sumarán un total de 600 euros.

As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal e a resolución de dúbidas sobre o concurso efectuarase a través do enderezo electrónico xa referido.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.