O Portus Apostoli dá un golpe sobre a mesa en Antequera (1-7)

26 Outubro 2021

O Noia FS está imparable. Sete vitorias e un empate neste arranque ligueiro, e o sétimo triunfo chegou cunha goleada nunha das canchas máis complicadas da Segunda División, na do Uma Antequera (1-7).

Chus abriu o camiño do triunfo no minuto 3 cun potente disparo coa zurda que non puido deter Conejo. Seguiu o Noia atacando e Edu Jabá non perdoou para facer o 0-2. Os de UMA estaban atordados ante a a avalancha noiesa. Ante isto, Marlon Velasco pediu que lle imprimisen unha marcha máis ao encontro e fóronse ao descanso cunha vantaxe de 0-4 con goles de Bruno Gomes e Pirata.

Nos segundos 20 minutos, Dani Ramos devolvía a esperanza aos antequeranos. Unha xogada embarullada serviu para poñer o 1-4 co que volvía a esperar o respectable. Sen embargo, o Portus Apostoli non tardaría en devolver a diferenza a catro goles. Joaki, nunha transición, puxo o quinto.

A partir de aí, o UMA sacou o porteiro xogador, pero non puido tombar o muro noiés. Un dobrete de Edu Jabá nos últimos 3 minutos deixaría o marcador final nun sorprendente 1-7. O técnico Marlon Velasco mostrouse moi satisfeito co rendemento do equipo.

A vindeira xornada de liga, o Noia FS recibirá ao Ejido Futsal, pero antes este mércores 27 ás 20 h os noieses visitan ao CD Otxartabe na segunda rolda da Copa do Rei.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.