O novo cole de Portosín será o segundo de Galicia que se constrúa segundo a nova folla de ruta de arquitectura docente

13 Outubro 2021

Os días pasados puidemos saber máis detalles do proxecto do novo Colexio de Portosín, que é unha das grandes iniciativas actuais en infraestruturas docentes galegas. Segundo confirmou o Concello, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Amais, dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos e “permitirá recuperar o espazo ocupado no areal de Coira desde 1976”, sinalou o Concello, engadindo que con esta iniciativa “darase resposta á obriga de deixar libre o dominio público marítimo terrestre no que se levantou daquela o centro docente”. Estes e outros datos foron dados a coñecer durante a visita ao concello do Son do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen acudiu, xunto co rexedor Luis Oujo, á parcela na que se vai erguer o futuro inmóbel. A previsión é que estea rematado ao longo do curso 2023/2024.

Tal e como explicou o conselleiro, o novo colexio de Infantil e Primaria construirase na zona do Mariño, preto da parte urbana, tras desbotarse unha primeira localización proposta polo Plan Xeral de Ordenación Municipal que, segundo dixo, “non era axeitada polo seu afastamento do núcleo de Portosín”. Tamén informou de que o cambio de localización esixe da realización dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotación, no que o Concello de Porto do Son xa está traballando. Asemade, corroborou o seu compromiso de “levar a cabo todo o relativo á elaboración e á redacción do proxecto para que no momento no que teñamos os terreos poidamos sacar a licitación a obra”. Respecto da problemática ambiental á que se poría remedia co novo emprazamento, sinalou o seguinte: “Poñemos solución a esta problemática ao tempo que dotamos ao concello de Porto do Son, que conta cunha poboación escolar de máis de 900 alumnos, dunha nova infraestrutura educativa”.

A este respecto, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia explicou que o novo centro será o segundo construído integramente (tras o novo colexio do Milladoiro) baixo os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID. “Estes centros serán máis amplo e saudábeis, estarán mellor integrados na contorna e, o que é máis importante aínda, virán preparados para ser versátiles e dar resposta ás necesidades ensino das próximas décadas”, sinalou.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...