O Noia recibe ao Arzúa no Julio Mato ”Matito”

23 Outubro 2021

P.P. O Julio Mato “Matito” acollerá o partido correspondente á xornada 8 da Terceira Federación que enfrontará ao Noia e ao Arzúa. Os de Iván Carril veñen dunha dura derrota fronte ao Somozas por 2-0. Aínda que entraba dentro dos pronósticos, os noieses non mostraron a súa mellor cara, e tentarán darlle a volta á situación contra un Arzúa que chegará a Noia coa inercia positiva despois de lograr a súa primeira vitoria da temporada na xornada pasada fronte ao Vilalbés.

O Noia buscará recuperar sensacións e encontrar de novo a senda do triunfo para seguir dando pasos de cara ao obxectivo da permanencia, un obxectivo que comparte co seu rival deste sábado, o Arzúa.

O encontro disputarase no Julio Mato o sábado a partir das 18:00. As instalacións permiten aforo completo, polo que se espera unha moi boa entrada na vila noiesa.

Outros artigos

Este sábado arrinca en Noia a edición 2026 do concurso Vai de Tapas

Este venres 6 de novembro arrinca finalmente a nova edición do Vai de Tapas Noia, que se celebrará ao longo de toda a fin de semana (ata o domingo 8) dando a coñecer a importante oferta gastronómica da vila en formato miúdo (formato tapa). Serviranse tapas a 3 €, de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.