O CPEIG celebra a Noite da Enxeñaría e Informática. Código Cero, editora de O Barbanza, recibe o galardón polos seus 20 anos

30 Outubro 2021
Premiados polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia na Noite

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou este 29 de outubro a 13 edición da súa Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Fixoo cunha cea de gala no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago de Compostela e coa entrega dos premios anuais da profesión (dez) que concede a entidade profesional. Asistiron máis de 250 convidados, entre representantes do ámbito empresarial, da Administración pública, do ámbito universitario e profesionais do eido tecnolóxico.
Esta décimo terceira edición, conducida pola presentadora de televisión Paula Vázquez, foi inaugurada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, así como clausurada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Ademais, contouse coa asistencia doutras autoridades como o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López; o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde; a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; e a concelleira de Economía do Concello de Santiago, Marta Abal; así como outras personalidades e representantes do sector TIC galego que exercerán como patrocinadores do evento e as colexiadas e colexiados do CPEIG.

Entre os galardoados a editora do diario dixital “obarbanza.gal” e o mensual “O Barbanza“, recibiu o premio Especial pola súas publicacións de Código Cero no seu 20 aniversario.

O diario dixital “codigodero.com” é a revista mensual “Código Cero” son recoñecidos por cumprir vinte anos achegando a información tecnolóxica en galego, o premio foi recollido polo xornalista e historiador ribeirsense, Xosé María Fernández Pazos

O director de O Barbanza e Código Cero, Xosé María Fernández Pazos, na recepción do premio do Cpeig polos 20 anos da revista e web de novas tecnoloxías de Galicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...