O Concello do Son e Coca-Cola presentan unha revolucionaria iniciativa a prol da hostalería sustentábel

21 Outubro 2021
R

O Concello de Porto do Son presentou na tarde deste 21 de outubro, na Casa da Cultura, os detalles da iniciativa Hostelería #PorElClima, a plataforma de Ecodes e Coca-Cola que impulsa a acción contra o cambio climático no sector. Os detalles do programa foron dados a coñecer polo alcalde Luis Oujo, quen lembrou que a descarbonización, a través da redución de emisións de CO2, é “unha aposta firme do Concello no marco do seu traballo a prol da sustentabilidade”. Este, dixo, foi o motivo polo cal o Goberno sonense convidou á multinacional de bebidas para presentar na Casa da Cultura a iniciativa Hostelería #PorElClima, que a compañía impulsa xunto á Fundación Ecodes e a Hostelería de España.

A tenente de alcalde responsábel de cambio climático no Concello, María Maneiro, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes e, durante a súa intervención, agradeceu a existencia deste tipo de iniciativas relacionadas coa redución do impacto do sector sobre o medio ambiente, “contribuíndo así á súa sustentabilidade non so ambiental, senón tamén económica e social”.

A xestora de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, Gema Domínguez Barral, presentou os detalles da plataforma Hostelería #PorElClima, onde se proporcionan as claves da loita contra o cambio climático e se descobren as pautas a seguir para contribuír á redución do impacto no medio: “Este sector constitúe un ámbito produtivo de gran importancia para a economía española. Atopámonos nun momento clave no que a hostalaría pode dar a coñecer o seu compromiso coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático e aproveitalo para convertelo nun elemento que contribúa a dar un impulso á súa recuperación económica nunha situación como a actual”, explicou.

O alcalde, que pechou a xornada, destacou a importancia de apoiar ao sector hostaleiro e agradeceu a Coca-Cola a súa iniciativa non só de fomento da sustentabilidade na hostalaría, senón tamén orientada a dar visibilidade aos establecementos comprometidos na loita contra o cambio climático. “No Concello de Porto do Son estamos convencidos de que o futuro pasa por ser responsábel e respectuoso co medio ambiente e co planeta. De aí o noso apoio a iniciativas comprometidas coa contorna e o noso traballo por desenvolver actividades que dean un paso máis no impulso do coidado da sustentabilidade contra o cambio climático”, subliñou Oujo.

R

A continuación, o brand ambassador de Coca-Cola Adrián Costa impartiu unha formación con diferentes combinados adaptados ás novas ocasións de consumo.

Hostelería #PorElClima naceu no ano 2017 tras o chamamento mundial para adoptar medidas que contribuísen a frear a emerxencia climática e permitisen facer realidade un mundo mellor e máis sustentábel. Segundo explicaron no acto deste xoves, constitúe unha plataforma virtual que une á comunidade de establecementos que decidiron comprometerse coa sociedade, coa nosa contorna e cun futuro mellor. Forma parte da Comunidade #PorElClima e está desenvolvida por Ecodes coa colaboración estratéxica e o impulso de Coca-Cola e o apoio de Hostalería de España.

Hostelería #PorElClima facilita, cun enfoque positivo centrado nas solucións, que as empresas de hostalería se sumen aos obxectivos do Acordo de París e consigan converterse en establecementos neutros en carbono. Desde que se puxo en marcha en 2017, máis de 1.100 establecementos adheríronse á iniciativa, 200 deles en Galicia, desenvolvendo máis de 11.000 accións polo clima. Ademais, para dar relevancia e visibilidade ás boas prácticas do sector, a web de Hostelería #PorElClima publicou máis de 150 historias e seis casos de éxito.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.