O Concello de Ribeira anuncia que reducirá nun 9,23% o recibo da taxa de depuración

18 Outubro 2021

O Concello de Ribeira anunciou que levará ao pleno de outubro a modificación de ordenanzas fiscais, “un punto no que proseguindo a tónica dos últimos exercicios a inmensa maioría de tributos serán conxelados ou reducidos”, sinalou a primeira tenente de alcalde, María Sampedro, quen debullo este luns 18 de outubro as grandes liñas tributarias a nivel local de interese para a cidadanía. Segundo fixo saber, o Imposto de Bens Inmobles (IBI) continúa “no mínimo legal (o 0,4%)” mentres que o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica diminúe un 2%.

Ao fío do segundo imposto, a edil explicou que dende que “se comezou a reducir este imposto no 2015 xa se rebaixou en máis dun 10% e que con esta nova diminución Ribeira sitúase entre os municipios de Arousa norte que máis baixos o teñen”.

Pol que se refire ás taxas, a concelleira destacou “a significativa baixada que por fin se vai poder aplicar á depuración despois de que o Concello puidese adxudicar este servizo tras superar diversos atrancos”. Segundo fixo saber, “será un 9,3% menos o que a veciñanza notará nos seus recibos”. Ademais, dixo, “as persoas perceptoras da RISGA desfrutarán, tanto neste tributo por depuración como nos de saneamento e auga, dunha bonificación do 55% en lugar do 50% actual”.

Polo que respecta ao Conservatorio, as bonificacións por segundo fillo ou outro membro dunha unidade familiar pasarán do 25% ao 50%; mentres que as aplicábeis a partir do terceiro membro pasarán do 50% ao 75%.

Ademais, María Sampedro avanzou que “por terceiro ano consecutivo non se cobrarán as terrazas aos establecementos de hostalería no ánimo de axudar a un dos principais sectores afectados polos efectos económicos da pandemia”.

Outras modificacións fiscais están dirixidas a clarificar ou axilizar certos trámites relacionados coa ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ordenanza municipal nas comunicacións previas ou a taxa pola realización de actividades urbanísticas.

Tamén se modifica o artigo 9 da ordenanza do ICIO coa finalidade de “clarificar e concretar a documentación a achegar polos interesados como custe real e efectivo das construcións, instalacións ou obras realizadas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...