O Concello de Lousame inviste 30.000 euros na mellora dos accesos a Cerquides

21 Outubro 2021

O Concello de Lousame vén de investir 31.308,64 euros na mellora dos accesos á localidade de Cerquides, parroquia de Lousame. Unhas obras executadas pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL ao abeiro do Plan Único de Concellos “POS+ 2021”.
As obras consistiron na mellora da capa de rodaxe dos dous accesos principais á localidade con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilados de mordentes. Así mesmo, acometéronse 50 metros cadrados de sobreanchos e unha cuneta de formigón de 75 metros para aumentar a seguridade dos peóns.
Baixo esa cuneta canalizouse unha tubaxe para a recollida de augas pluviais, con 4 arquetas con reixa e 1 arqueta con sumidoiro.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “continuamos así co noso programa de mellorar os accesos e humanizar o interior das nosas distintas aldeas, como fixemos tamén estes días en Vilar de Reconco ou Pousada”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.