O Concello de Boiro quere impulsar cos centros de ensino un proxecto integral sobre igualdade e benestar

19 Outubro 2021

A Concellería de Educación de Boiro impulsa un proxecto integral centrado en docencia, igualdade e saúde, para ser levado a cabo en colaboración cos centros de ensino locais. A proposta para a realización do proxecto, financiado mediante o remanente de tesourería por un importe de 25.000 euros, será levada ao pleno desta semana.

O Concello explica que “este proxecto nace da necesidade de dar resposta á demanda dos centros educativos de traballar sobre accións relacionadas coa promoción social da igualdade de xénero, a resolución de conflitos e a saúde mental, cuestións que se viron agudizadas debido á crise sanitaria, a convivencia forzada e a imposibilidade de relacionarse de maneira presencial.” O obxectivo deste programa é “impulsar un cambio de valores, roles e estereotipos a través dun proceso de recuperación da súa saúde”.

O proxecto engloba tres grandes áreas de traballo que son as seguintes: Igualdade e sensibilización social, coa que se busca concienciar sobre a existencia de desigualdades e loitar contra a invisibilidade das mulleres; Educación e prevención, para analizar as necesitades de atención da infancia e mocidade e evitar a exclusión, facilitar instrumentos para a aprendizaxe a través das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación); e Saúde e benestar, para mellorar os hábitos saudábeis e favorecer actividades e espazos de encontro fora do ámbito educativo.

Dentro destas tres grandes áreas levaranse a cabo proxectos específicos dentro do sistema educativo, involucrando á administración, ao profesorado, ao alumnado, ás familias… as persoas destinatarias de En(clave) son os nenos e nenas de entre 12 e 18 anos dos centros educativos de primaria e secundaria no municipio, nos que conflúen factores sociais, familiares e/ou persoais que poñen en perigo o seu pleno desenvolvemento persoal e social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...