O Concello de Boiro e SOGAMA imparten unha xornada sobre compostaxe doméstica

26 Outubro 2021

O Concello de Boiro e SOGAM van impartir unha xornada formativa sobre as vantaxes, usos e metodoloxías da compostaxe doméstica. Realízase ao abeiro do programa de compostaxe nos fogares de SOGAMA ao que está adherida a Administración local. A cita, co-impulsada polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, será este mércores ás 17.00 horas no Centro Social de Abanqueiro. Na xornada formativa tamén se fará entrega de novos recipientes para lixo orgánico ás persoas inscritas no programa.

Dende 2019

O Concello recorda que dende que se iniciou este programa no ano 2019, participan nel un total de 150 vivendas unidfamiliares das distintas parroquias do municipio. Para cubrir a demanda crecente de solicitudes de participar neste programa de compostaxe doméstica de SOGAMA, o Concello de Boiro vén de adquirir 50 novos composteiros que se van entregar nesta semana.

Ademais da entrega de novos composteiros, todas as persoas inscritas no programa van recibir formación e indicacións sobre o modo de emprego e a importancia de reducir os residuos orgánicos no contedor xenérico. Na formación prevista para este mércores ás 17.00 horas no Centro Social de Abanqueiro poden participar tanto os novos usuarios do programa como aquelas persoas que xa formaban parte do mesmo.

O programa está destinado a vivendas unifamiliares do municipio e ten como obxectivo fomentar a reciclaxe de materia orgánica converténdoa en abono natural. Para inscribirse no programa e anotarse na lista de agarda, as persoas interesadas deben poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente a través do teléfono 981 37 75 85 ou no enderezo electrónico medioambiente@boiro.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.