O BOE publica o calendario laboral de 2022, que recolle 8 festivos comúns en toda España

21 Outubro 2021


O calendario laboral de 2022 recolle un total de 12 días festivos nacionais, un máis que en 2021, dos que só 8 celebraranse de forma conxunta en toda España, o mesmo número que este ano, segundo unha resolución da Dirección Xeral de Traballo publicada este xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE).
En concreto, os 8 días que serán festa en toda España en 2022 son: o sábado 1 de xaneiro (Aninovo), o xoves 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), o venres 15 de abril (Venres Santo), o luns 15 de agosto (Asunción da Virxe), o mércores 12 de outubro (Festa Nacional de España), o martes 1 de novembro (Todos os Santos), o martes 6 de decembro (Día da Constitución Española) e o xoves 8 de decembro (Inmaculada Concepción).

Noutros catro festivos comúns, o xoves 14 de abril (Xoves Santo), o luns 2 de maio (luns seguinte á Festa do Traballo), o luns 25 de xullo (Santiago Apóstolo) e o 26 de decembro (luns seguinte á Natividade do Señor), as comunidades autónomas poden desprazar a súa celebración, e algunha o fixo, polo que non será festa en toda España.

No caso do día de Reis, o 6 de xaneiro, que tamén poden substituír, todas as comunidades autónomas mantivérono.

Así, respecto a os festivos sustituibles por decisión das comunidades, o xoves 14 de abril (Xoves Santo) será festa en toda España salvo en Cataluña; o luns 25 de xullo (Santiago Apóstolo) será festa en Madrid, Navarra, A Rioxa e Galicia (que celebra tamén o seu Día Nacional ese luns), e o 26 de decembro (luns seguinte á Natividade do Señor) será festa en todas as rexións menos en Cataluña, Galicia, País Vasco, Comunidade Valenciana e na cidade autónoma de Ceuta.

Aos días festivos nacionais sempre hai que sumar os festivos autonómicos e locais así en Galicia serán festivos, ademais do 17 de maio e o 24 de xuño, Aninovo (1 xaneiro), o Día de Reis (6 xaneiro), Xoves e Venres Santo (14 e 15 abril), o Día Nacional de Galicia (25 xullo), Asunción da Virxe (15 agosto), a Festa Nacional de España (12 outubro), Todos os Santos (1 novembro), o Día da Constitución Española (6 decembro) e a Inmaculada Concepción (8 decembro). quedanb pendentes de marcar os dous festivos locais que debnerán aprobalos concellos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...