O DOG publica o calendario laboral para 2022. Serán festivos autonómicos San Xoán e as Letras galegas

07 Xullo 2021

Serán tamén festivos, ademais do 17 de maio e o 24 de xuño, Aninovo (1 xaneiro), o Día de Reis (6 xaneiro), Xoves e Venres Santo (14 e 15 abril), o Día Nacional de Galicia (25 xullo), Asunción da Virxe (15 agosto), a Festa Nacional de España (12 outubro), Todos os Santos (1 novembro), o Día da Constitución Española (6 decembro) e a Inmaculada Concepción (8 decembro). quedanb pendentes de marcar os dous festivos locais que debnerán aprobalos concellos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o calendario laboral de Galicia para o próximo ano no que a Comunidade galega terá como festivos propios os días das Letras Galegas (17 de maio) e de San Xoán (24 de xuño).
A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (15 de abril en 2022), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2022 hai dous festivos nacionais que coinciden en domingo: o 1 de maio (día do Traballo), que se substitúe polo 17 de maio, día das Letras Galegas; e o 25 de decembro (Nadal), que se
cambia polo día de San Xoán (24 de xuño).
Ademais, outros tres festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2022 se celebrará o 15 de abril), que Galicia non cambia tradicionalmente; e dáselle a opción ás comunidades entre o 19 de marzo e o 25 de xullo.
Sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Outros artigos

Ambar organiza unhas xornadas deemprego en Ribeira e Rianxo

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza este mes de xuño unha actividade para romper barreiras en materia de emprego e igualdade: as Xornadas de Emprego dirixidas a mulleres con diversidade funcional. Desenvolveranse nos concellos de Ribeira...

+

Martes con sol e lixeira baixa das temperaturas

O martes o anticiclón retírase cara ao oeste, polo que se irá perdendo o réxime de ventos do nordés e entrarán ventos máis húmidos de compoñente oeste. Asi comezaremos a xornada cos ceos pouco nubrados ou despexados. A partir do mediodía entrarán as brétemas costeiras...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...