Galicia quedará este luns 30, San Andrés, baixo a influencia das altas presións, o que deixará unha xornada marcada polo predominio da estabilidade atmosférica en todo o territorio.
Segundo a previsión meteorolóxica, esta situación favorecerá a formación de néboas nos vales do interior durante as primeiras horas do día. No resto da Comunidade, os ceos presentarán intervalos de nubes de tipo medio e alto, aínda que non se descarta a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional no litoral atlántico ao longo da tarde.
No apartado térmico, as temperaturas mínimas experimentarán un descenso, mentres que os valores máximas manteranse sen cambios significativos ou rexistrarán lixeiros ascensos(máximas de 13 a 16 graos). Pola súa banda, os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

O noso mar; Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.






