O BNG esixe o mantemento dos postos de traballo da planta de compostaxe de Lousame

01 Outubro 2021

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada no Parlamento Galego, Rosana Pérez, mantiveron un encontro esta semana co comité de empresa da planta de compostaxe de Lousame, no lugar de Servia, no que lle trasladaron o respaldo do Bloque “non só desde o punto de vista laboral, senón tamén medioambiental”. Segundo fixo saber Mirada na reunión, “a posta en marcha de pequenas plantas que realicen o tratamento de residuos é o modelo que defende o BNG fronte ao modelo de SOGAMA”, modelo que o BNG cualifica de “ruinoso e contaminante”. Na xuntanza tamén participaron portavoces do BNG nos distintos concellos afectados.

Segundo salientaron as nacionalistas, “resulta imprescindíbel defender este servizo básico e garantir o tratamento da materia orgánica para a elaboración de compost, tal e como fai esta planta”.

Tamén destacaron que estas instalacións xestionadas pola Mancomunidade Serra do Barbanza prestan servizo a nove concellos e “xeran máis de 150 postos de traballo, desempeñados na súa maioría por mulleres”. Amais, defenderon que “é imprescindíbel garantir a continuidade das traballadoras e traballadores máis alá de 2023, ano no que remata a actual concesión de FCC”.

Na súa opinión, compre licitar a xestión do proxecto antes de que finalice esta concesión para “garantir o emprego e a axeitada xestión de residuos nesta comarca”, manifestou a portavoz do BNG en Europa, quen reclamou investimentos europeos para cumprir cos obxectivos que marca a normativa europea. Ana Miranda avanzou que “trasladará o tratamento de residuos en Galiza a Europa a través da Comisión de Peticións”.

Ana Miranda engadiu que “o modelo de compostaxe é o modelo baseado na reciclaxe que defende a Unión Europea fronte ao modelo de SOGAMA, que ao estar baseado na incineración causa grandes prexuízos medioambientais”. Ademais, denunciou “que este modelo incumpre sistematicamente tres directivas europeas, como son a de Vertido, de Envases e Marco de residuos”. Así, indicou “que SOGAMA non respecta a xerarquía de refugallos en tanto que está baseado na non separación na orixe dos materiais, senón vai mesturada no transporte até a súa incineración, como ten denunciado o BNG tanto no Parlamento Galego como na Eurocámara”,

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...