O Barbanza Rugby Club debuta este sábado na liga

P.P. Despois de moito esforzo e traballo nos últimos meses para completar o plantel, o Barbanza Rugby Club fará seu debut en competición oficial. Aínda que o inicio de liga estaba programado para a semana pasada, a Federación decidiu aplazar a primeira xornada debido a que os protocolos da competición non se atopaban autorizados pola Consellería de Sanidade. Así, este sábado terá lugar o encontro correspondente á segunda xornada entre o Barbanza Rugby Club que visitará ao Pontevedra Rugby Club. 

No último mes os barbanzás estiveron traballando sen descanso para reunir a xogadores que evitasen a desaparción do clube, e foron capaces. Miguel, de Ribeira, Alberto, de Catoira e Gonzalo e Steven de Boiro son ás últimas incorporacións do Barbanza Rugby Club para este curso 2021-2022. 

O encontro disputarase este sábado a partir das 18:00 horas en Monteporreiro.