Medio cento de fogares incorpóranse ao programa de compostaxe doméstica impulsado polo Concello de Boiro e SOGAMA

28 Outubro 2021

O departamento de Medio Ambiente de Concello de Boiro, xunto coa sociedade autonómica ambiental SOGAMA, incorporou cincuenta fogares ao programa de compostaxe doméstico municipal, unha iniciativa activa dende 2019 e dirixida a reducir os residuos que se depositan no contedor xenérico. O concelleiro de Medio Ambiente, Raul Treus, participou este mércores na entrega de novos composteiros e na formación sobre a autocompostaxe e o uso dos mesmos.

Todos os novos usuarios e tamén persoas que xa participaban no programa recibiron formación sobre o modo de emprego dos contedores específicos e tamén sobre a importancia de reducir os residuos orgánicos no contedor xenérico. “A finalidade é estender a práctica da autocompostaxe para lograr unha xestión máis sostible do lixo e facilitar a familiarización de cara a implantación do quinto contedor”, afirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

Dende que se iniciou a adhesión a este programa, participan xa mais dun cento de vivendas unifamiliares do municipio, repartidas en todas as parroquias. Segundo informa o Concello, a experiencia do seguimento que se realiza a estes composteiros indica que “a maior parte dos restos que se depositan son de materia sobrante da cociña, seguido de segaduras de horta”. Segundo a información aportada dos usuarios do programa, o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros de desperdicio orgánico por familia.

A lista de agarda para participar no programa está xa aberta e as persoas interesadas en participar poden inscribirse ou obter máis información sobre o programa no departamento municipal de medio ambiente, de xeito presencial no Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou o teléfono 981 37 75 85.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.