Máis de 1.000 persoas participaron na décima edición da Limpeza Simultánea de Praias

19 Outubro 2021

A décima edición da Limpeza Simultánea de Praias desenvolvida esta finde foi novamente un éxito de participación. En concreto, implicáronse 26 entidades entidades e máis de 1.000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. Pola nosa comarca, foron obxecto de intervención as praias de Barraña (Boiro), Gafa (O Son), Entrepuntas (O Son), Gafa (O Son) e Aguieira (O Son). As intervencións en Muros, nas praias de Tal, Serres e Louro, adiáronse para os días vindeiros, segundo confirmaron ADEGA e o Concello (colaborador na iniciativa, xunto co IES AS Insuas e o CEIP de Louro). No caso da de Boiro, a limpeza foi levada a cabo polo CEIP Santa Baia, e no Son implicáronse o CEIP de Portosín e máis a delegación de Santiago de ADEGA.

Foron chamados a participar na limpeza de praias e denunciar esta problemática os centros de ensino, as escolas de surf, os centros de mergullo, os clubes de piragüismo e vela, pescadores, mariscadoras, concellos, e entidades de todo tipo, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares.

Entre o lixo atopado nos nosos areais novamente tiveron especial presenza as cabichas, os pauciños de limpar os ouvidos e restos de plástico e bateas, ao que cómpre engadir o achado de botas de pescador, unha viga de aceiro, cadeiras de praia e incluso roupa esquecida.

Con este tipo de accións ADEGA pretende “dar a coñecer a problemática nos nosos areais despois da tempada de turistas, a importancia de conservar limpas a nosas praias e evitar que así o lixo acabe no mar”.

ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias “non debe ser un feito illado”, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do litoral “sempre que poida”. E engade: “A limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita”.

ADEGA agradeceu enormemente a participación de todas as persoas que organizaron e participaron como voluntarias en todas as limpezas.

Os nenos do CEIP de Portosín limpando as praias da súa contorna

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.