A rapazada do Colexio de Portosín limpou de refugallos as praias da súa contorna

18 Outubro 2021

Esta fin de semana que vimos de deixar atrás celebrouse nos areais galegas unha nova edición da Limpeza Simultánea de Praias impulsada por ADEGA, unha xornada de voluntariado ambiental que tivo novamente o propósito de “concienciar á sociedade na loita contra a contaminación mariña”.

Entre as contornas costeiras incluídas no plan de traballo atopábase unha cifra importante de praias de Porto do Son, por exemplo a de Aguieira. Amais, os areais de Portosín, para liberalos de materiais contaminantes, baixou a rapazada e o profesorado do Colexio de Portosín, ao abeiro do seu programa de divulgación e concienciación ambiental centrado no seguinte fío temático: O Mar e a Pesca. En concreto, retiraron plásticos, latas e outros refugallos de Entrepuntas, Coira e A Gafa, que son os areais que están máis próximos ao colexio.

Unha xornada que é unha chamada de atención

O obxectivo das limpezas de praias de ADEGA é “o de eliminar parte dos residuos que están nas praias como símbolo de chamada de atención sobre esta a situación de contaminación que sofren as nosas praias e areais”. Segundo a asociación, as principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no modelo “usar e tirar”, a deficiente xestión dos residuos que xeramos e a falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. “Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedente en parte da industria do mar (pesca, extraccións…), pero tamén dos nosos fogares”, explica a asociación.

Na edición do ano pasado da Limpeza Simultánea de Praias retiráronse do litoral galego preto de 3 toneladas de residuos, principalmente microplásticos, cabichas e pauciños de limpar as orellas, e participaron máis de 600 persoas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...