Luz verde en Boiro para acometer as melloras pendentes no Polideportivo e a Piscina Municipais

27 Outubro 2021

O Concello de Boiro celebrou este martes día 26 ás 20.00 horas o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión contou coa asistencia de 16 dos 17 membros da Corporación, ao ausentarse unha das concelleiras do grupo municipal do PP. Na sesión, que pode verse íntegra na canle de YouTube do Concello, deuse luz verde ao proxecto para mellorar os elementos pendentes dunha posta a punto no Polideportivo e a Piscina Municipal, e tamén ás propostas do BNG sobre o anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo da auga e sobre a presenza da opción en galego nos contidos televisivos.

1. Aprobación inicial do ditame da modificación da ordenanza fiscal nº15 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

2. Aprobación do ditame do proxecto para a renovación dos vestiarios do Polideportivo e Piscina Municipal de A Cachada e solicitude de subvención á Deputación provincial – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

3. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº14/2021 de aprobación de aprobación de varias facturas das OPAS 2020 por importe de 224.047,60 euros – aprobado con 14 votos a favor (PP/ PSOE/ Boiro Novo/ IC Boiro/ non adscrito).

4. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº28/2021 por importe de 25.000 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do proxecto En(clave), proxecto integral de educación, igualdade e saúde – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

5. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº33/2021 financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais para habilitar o crédito correspondente á achega municipal no POS+ adicional 2/2021 por importe de 167.234,83 euros – aprobado con 14 votos a favor (PP/ PSOE/ Boiro Novo/ IC Boiro/ non adscrito).

6. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº34/2021, de crédito extraordinario por importe de 17.000 euros, financiado con remanente liquido de tesourería para gastos xerais para o subministro de 7 desfibriladores – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

7. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº 36/2021, de crédito extraordinario por importe de 276.199,91 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais destinado ao proxecto denominado “renovación dos vestiarios do polideportivo e piscina municipal de A Cachada” – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

8. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº37//2021, de crédito extraordinario financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais para a integración das distintas vídeocamaras de seguridade nun único sistema cctv (circuíto pechado de televisión) por importe de 16.000 euros – aprobado por unanimidade (16 votos a favor).

9. Moción do grupo municipal do BNG sobre o anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo da auga – aprobado con 9 votos a favor (PSOE/ BNG/ IC Boiro/ Boiro Novo), 6 votos en contra (PP) e 1 abstención (membro non adscrito).

10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a presenza da opción en galego nos contidos televisivos – aprobado con 10 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo/ IC Boiro/ non adscrito) e 6 en contra (PP)

*O PP presentou unha emenda nesta moción, que foi rexeitada con 7 votos a favor (PP/ IC Boiro), 8 votos en contra (PSOE/ BNG/ Boiro Novo) e 1 abstención (non adscrito).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.