As altas presións continuarán dominando a situación meteorolóxica, impedindo a chegada de borrascas atlánticas e achegando aire cálido dende o sur.
Teremos unha nova xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con néboas matinais nos vales do interior e algunha nube alta que non impedirá o paso do sol. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos fortes en puntos do litoral norte da Coruña e na Mariña lucense.
O martes Festa Nacional e festividade de o Pilar, seguiremos con sol e suba de temperaturas.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á noite e variable á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:44 | 0.7 m |
| Preamar | 08:02 | 3.5 m |
| Baixamar | 14:13 | 0.8 m |
| Preamar | 20:33 | 3.3 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:37 | 0.8 m |
| Preamar | 07:54 | 3.5 m |
| Baixamar | 14:06 | 0.8 m |
| Preamar | 20:26 | 3.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:41 | 0.7 m |
| Preamar | 07:59 | 3.5 m |
| Baixamar | 14:10 | 0.8 m |
| Preamar | 20:30 | 3.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)




