José Ramón Romero lamenta que o concello de Boiro non se contemple nos orzamentos da Xunta

23 Outubro 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, compartiu nun comunicado a súa postura sobre os orzamentos da Xunta de Galicia previstos para 2022 e nel achega un punto de vista crítico sobre os mesmos, laiándose de que Boiro “volva quedar ao marxe deles para este ano vindeiro”. No comunicado sostén que “ningunha das propostas realizadas na emenda dos orzamentos de 2021 foron contempladas este ano” e, demais, “tampouco aparecen reflectidas no borrador dos orzamentos que se presentou para o seguinte exercicio”.

Entre as propostas reiteradas polo Concello de Boiro para incluír nos orzamentos dos últimos anos está a dotación orzamentaria para a execución dunha segunda depuradora, a realización de reformas na depuradora de Cabo de Cruz, o saneamento do río Coroño, as melloras na AC-305, a creación dunha residencia da terceira idade ou a dotación dunha terceira gardería infantil.

“Todas estas solicitudes trasladadas á Xunta de Galicia en reiteradas ocasións son demandas dos veciños e veciñas de Boiro. Unhas necesidades que, unha vez máis, quedan á marxe dos orzamentos da administración autonómica”, lamenta o alcalde.

José Ramón Romero nunha vídeo-conferencia de traballo

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.