Iniciativa parlamentaria do BNG diante da situación da pediatría en Outes, Noia e Lousame

26 Outubro 2021

Ao BNG preocúpalle que o goberno galego considere que cun só pediatra, o de Lousame, están ben atendidos os nenos e nenas de Outes, Noia e do propio Lousame. E por iso vén de rexistrar no Parlamento galego unha batería de iniciativas para intentar poñer fin a esta situación de desbordo na atención pediátrica nestes concellos.
Indican os nacionalistas que nestas semanas “as familias do concello de Outes vense obrigadas a prescindir do único profesional en pediatría do que dispón o centro de saúde, que neste momento atópase desfrutando as vacacións que lle corresponden e cuxa praza non se está a cubrir por substituta ou substituto algún”.
Para intentar paliar esta deficiencia, proseguen, “a Consellaría de Sanidade decide derivar aos nenos e nenas de Outes ao centro de saúde de Noia, centro que tampouco dispón do profesional de pediatría por atoparse este de baixa dende antes do verán e que está a ser cuberto por unha médica de familia durante unhas horas en xornada de tarde” e sen o acompañamento “do correspondente e necesario persoal de enfermería”.
O periplo das familias non remata aí, destacan, xa que “as circunstancias da atención pediátrica en Noia fan que, finalmente, os nenos e nenas teñan que ser derivados ao centro de saúde de Lousame, que si conta con pediatra en xornada completa de mañá pero que está totalmente desbordada ao ter que atender nestes momentos a tres concellos: Outes, Noia e o propio Lousame”.
Por estes motivos o BNG levará ao Parlamento unha proposición non de lei para “instar a Xunta de Galiza a cubrir de xeito inmediato as ausencias que se están a producir no servizo de pediatría dos centros de saúde de Outes
e Noia e a dotar a este último do necesario persoal de enfermería que lle corresponde.” Estas iniciativas parlamentarias irán tamén acompañadas de actuacións nos plenos municipais dos municipios implicados, sinalan dende o BNG.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.