Falece o conselleiro de Facenda dunha parada cardiorrespiratoria no seu despacho da Xunta

06 Outubro 2021

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, faleceu este mércores en Santiago, con 60 anos, por mor dunha parada cardiorrespiratoria.

Fontes da Xunta confirmaron que o falecemento do conselleiro produciuse no seu despacho de San Caetano, onde se atopaba traballando e foi atendido polos servizos de emerxencias, que non puideron facer nada por salvar a súa vida.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, dirixíase cara ao acto de Conxemar, en Vigo, cando foi informado da morte do conselleiro, que se produciu ao redor das 13,30 horas, e cancelou a súa participación no evento.

Pouco despois de confirmarse oficialmente a noticia, o Executivo autonómico ha ratificado que queda suspendida a axenda de todos os cargos da Xunta.

Os membros do Executivo autonómico, co presidente á cabeza, están consternados polo sucedido.

Unha vez cumprimentados os distintos pasos que marcan os protocolos #ante este tipo de situacións, un vehículo funerario desprazouse ao complexo administrativo de San Caetano sobre as 15,30 horas, para abandonar o recinto pouco despois.

Natural de Aldán, en Cangas (Pontevedra) –aínda que residía en Bueu–, Martínez naceu en 1961. Era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

Desde 1985, era funcionario do corpo superior de administración xeral do departamento autonómico de Facenda e exerceu diversos cargos públicos, ata que en febreiro de 2015 foi ‘ascendido’ por Feijóo para substituír a Elena Muñoz á fronte da Consellería, cando ela deixou o cargo para pugnar, como candidata, pola Alcaldía de Vigo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.