En Ribeira adxudicado o proxecto de dous centros de compostaxe e 85 composteiros domésticos

08 Outubro 2021

O concello de Ribeira adxudicou o proxecto de implantación de centros de compostaxe, tanto doméstico como comunitario. O concurso reaceu finalmente sobre empresa Vermican Soluciones de Compostaje, S.L. O prezo total do contrato ascende a 53.240 euros.
O proxecto contempla a implantación de dúas áreas de Compostaxe Comunitario nas zonas das Abesadas e O  Touro que recibirán a fracción de residuos orgánicos dos domicilios nun radio de 500 metros, así como os residuos orgánicos procedentes do comercio de alimentación e hostalería máis próximos. Tamén se empregarán restos de desbroces, podas e céspede tanto das hortas e xardíns de propiedades particulares (vivenda individual ou colectiva con zonas verdes) como os procedentes dos parques e xardíns municipais, no radio de afección do centro de tratamento comunitario. Este material residual procedente de parques e xardíns empregarase como material estruturante.
Cada punto de compostaxe comprenderá 5 unidades modulares de compostaxe, un contedor de 3 metros cúbicos para restos de biomasa procedentes de parques e xardíns, caseta para almacenamento de aperos, arcón para almacenamento de material estruturante triturado, punto de auga para rega e recollida de augas, coas súas respectivas
conexións aos servizos públicos de abastecemento e saneamento. O Centro de Compostaxe Comunitario ocupará unha superficie de 4 m por 8m cerrado mediante valado co fin de limitar os acceso aos usuarios adheridos ao proxecto. Tamén se prevé a dotación dunha biotrituradora-racheadora que será compartida polos 2 Centros de Compostaxe Comunitario Por outra parte, tamén se contempla neste proxecto a implantación de 85 composteiros individuais naquelas vivendas, tanto do núcleo urbano como das parroquias, que dispoñan de terreo para a súa
instalación.

A actuación está financiada ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 (D.O.G. Núm, 92 do 13 de maio de 2020) Axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 segundo resolución ditada pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, por delegación da súa Conselleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...