En Lousame as músicas do Camiño de Roi Casal triunfan no campo da festa de San Roquiño

13 Outubro 2021

Máis de 150 persoas participaron onte martes no concerto “As músicas do Camiño”, que Roi Casal ofreceu no campo da festa de San Roquiño (Lousame).
Un concerto de case dúas horas de duración, debido aos bises solicitados polo público presente, que nas últimas pezas mesmo se animou a levantarse das súas cadeiras para botar unhas bailas.
“Non teño máis que palabras de agradecemento para o público de Lousame. Vou a casa satisfeito e cunha sensación de paz interior”, indicou Roi Casal nada máis rematar o concerto.
Unha conexión na que tivo moito que ver a presenza do lousamiá Xoán Leis Varela entre o elenco de músicos que acompaña a Roi Casal nesta xira. “Iso sen dúbida axudou a que nos viran máis próximos”, recoñeceu Casal.
Un punto no que coincidiu a concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, que cualificou de “espectacular o concerto de Roi Casal no campo da Festa de San Roquiño. Boa música en boa compañía”.
O músico galego destacou que “viñamos de concertos moi grandes, con milleiros de persoas na Praza da Quintana. E agora son lugares máis pequenos: Chantada, Quiroga, Lousame…e ves que en Galicia tes pobos pequenos que teñen un gran dinamismo, nos que a xente participa toda e é unha forma de chegar a un público que doutra forma sería imposible”.
Sobre o concerto, Roi Casal explicou que “As Músicas do Camiño é unha recompilación de temas da miña etapa previa a Son Galego, Son Cubano, que foi un punto de inflexión na miña carreira. Quería recuperar esas cancións e reencontrarme coa xente no camiño con esas músicas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.