Cultura de Boiro potencia a oferta cultural e de actividades no outono

06 Outubro 2021

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza actividades para todos os públicos que se van levar a cabo durante os vindeiros meses no marco do programa do Outono Cultural. A concelleira de Cultura, María
Outeiral, e o persoal técnico do departamento, presentaron esta mañá o programa de actividades que inclúe contacontos, espectáculos teatrais, musicais, concertos e outras actividades.
O programa inclúe, por un lado, espectáculos teatrais que todos os venres se desenvolven no auditorio da Casa da Cultura de Boiro e que vai incluír funcións para público infantil e familiar e tamén para público adulto. A programación inclúe propostas como “O libro da selva” de Teatro Avento, que será este venres ás 20.00 horas, e continúa con programación todas as semanas.
Ademais da programación teatral para o público xeral, no mes de novembro vaise levar a cabo a mostra de teatro escolar na Casa da Cultura de Boiro, na que participan todos os centros de ensino do municipio. A oferta cultural do Concello de Boiro para este 2021 engloba tamén máis de 50 actividades que se van desenvolver na rede de centros sociais do municipio entre as que hai clases de pintura, costura, musica, baile…
Dentro da programación de outono e na programación formativa propia dos centros destacan tamén as actividades das escolas municipais, como son as clases da Escola de Música de Boiro, as aulas de formación en novas tecnoloxías que se imparten na Aula CeMIT, obradoiros de memoria, clases de apoio escolar…
“Durante a pandemia aumentamos un 40% a oferta cultural do municipio, enfocada e orientada a todos os públicos e con capacidades reducidas para garantir que se cumpren as medidas e restricións para o control da situación sanitaria. Unha oferta cultural que o departamento quixo manter e potenciar neste programa do Outono Cultural”, afirmou a concelleira, María Outeiral.

PROGRAMA COMPLETO
Venres 8 de outubro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “O libro da selva”
– Teatro Avento Producións
Sábado 9 de outubro, 11.00 horas, Centro Social de Escarabote. “A maxia dos
contos” – Mago Teto
Venres 15 de outubro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “O afiador” –
Mago Teto
Venres 22 de outubro, 21.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “Bernarda” –
Malasombra Producións
Venres 29 de outubro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “Contos de
recreo” – Redrum Teatro
Venres 5 de novembro, 21.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “Rara avis” –
Lila Teatro
Venres 12 de novembro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “A nena que
vivía nunha caixa de mistos” – Caramuxo teatro.
Venres 19 de novembro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “O home que
pintaba árbores” – Eme2 Emoción&Arte
Ventres 26 de novemebro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “Güela-
güela” – Galitoon
Venres 3 de decembro, 21.00 horas, Casa da Cultura de Boiro. “A lingua das
bolboretas” – Sarabela teatro.

MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR
Martes 16 de novembro, 12.00 horas, Casa da Cultura de Boiro – “Ningures”.
Teatro ao Cubo
Mércores 17 de novembro, 12.00 horas, Casa da Cultura de Boiro – “Tita. Un
espectáculo sobre a intelixencia emocional”. Teatro Babaluva
Xoves 18 de novembro, 12.00 horas, Casa da Cultura de Boiro – “Dun can de
palleiro”. Lila teatro
Martes 23 de novembro, 20.00 horas, Casa da Cultura de Boiro – “O eco das
pedras”. Raquel Queizás

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal rende homenaxe a Manuel Hermo Vidal

A homenaxe a Manuel Hermo Vidal tivo lugar o 16 de abril no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal. Este acto institucional foi organizado para recoñecer a figura de Hermo Vidal, quen defendeu os valores democráticos nun momento crítico da historia. A...

+

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...