Boiro e Puebla buscarán a súa primeira vitoria da tempada

02 Outubro 2021
CD Boiro

PP. Non comezaron da mellor forma posible CD Boiro e Puebla FC a tempada 21-22 na Preferente. O cadro dirixido por Luis Carro viu como se lles escapaban os tres puntos no último minuto fronte ao Paiosaco en Barraña. Os pobrenses saíron goleados na súa visita a Ponte dos Brozs contra o Arteixo por catro goles a cero. Pero o bo do fútbol é que cada semana presenta novas oportunidades e revanchas para resarcirse.

Así, os de Barraña visitarán o domingo ás 17:00 ao Fisterra, un equipo rocoso e que no seu campo é moi difícil de gañar. Os fisterráns veñen de gañar ao Laracha de visita por 0-2. O Ara Solis será xuíz dun encontro moi duro e no que os xogadores boirenses tentarán traer os tres puntos para a súa vila. Luis Carro terá a todos dispoñibles, a falta dalgunha baixa de última hora. Espérase que de entrada a Diego Fernández na medular.

Doutra banda o Puebla afronta o encontro na Alta o domingo ás 17:30 fronte ao Sigüeiro coa intención de deixar atrás a mala imaxe da primeira xornada contra o Atlético Arteixo. Enfronte terá a un equipo mozo, con moita calidade pero falto de experiencia, ao tratarse do filial da SD Compostela, do cal Cardeñosa é o seu adestrador.  O cadro branquiazul seguirá buscando a forma de adaptar as novas pezas ao equipo e implantar a nova filosofía. Jesús Mella non poderá contar con Jorge Viturro, que foi expulsado na xornada anterior. Tamén será a volta do ex capitán dos pobrenses, Pablo Pérez e de Diego Rivas, que a día de hoxe militan nas filas do Sigüeiro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.