ASANOG e o Concello de Rianxo organizan o 6 de novembro unha andaina solidaria a prol dos nenos oncolóxicos

15 Outubro 2021

A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, vai organizar unha proba deportiva en beneficio da entidade. Trátase da primeira edición da Andaina Solidaria ASANOG, que ten o obxectivo concreto de recadar fondos para a asociación: o cen por cen do recadado a través das inscricións. A cita é o vindeiro 6 de novembro a partir das 10.30 horas, en Rianxo. Nela, Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico rianxeiro, será o padriño da proba.

​​​Data e horario

Sábado, 6 de novembro.

​​​​​​​A saída do evento realizarase a partir das 10:30 horas, segundo o protocolo COVID que marque a lexislación vixente na data de celebración da proba.

Categorías e percorridos

​​​​​​​Establécese unha única categoría con independencia da idade. A andaina conta con un percorrido circular, con saída e chegada na  praza de Castelao, e con dous niveis de dificultade:

– O primeiro, o percorrido verde, de catro quilómetros de itinerario.

– O segundo, o percorrido amarelo, de 11 quilómetros de itinerario.

Inscrición e prazo

A inscrición poderase formalizar até as 24.00 horas do 4 de novembro de 2021. Poderase facer en liña (a través da web Emesports.es) ou de xeito presencial (no Servizo de Deportes, no Supermercado Claudio da rúa Setefogas, no establecemento O Cesar ou na praza Castelao até 15 minutos antes do inicio da proba). Esta terá un límite de 500 participantes. Os dorsais recolleranse na saída da carreira o mesmo día do evento, entre as 9.00 e as 10:30 horas. O prezo é de 10 euros para todas as persoas maiores de idade e de cinco para as persoas menores. É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para participar na andaina.

Dorsal solidario
​​​​​​​Se non se pode participar na andaina, pódese colaborar doando a cantidade desexada a través da pasarela de pago ou na Praza de Castelao o día da proba.

Agasallos
Camiseta conmemorativa para todas as participantes na andaina (ata fin de existencias).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.