As necesidades educativas de Ribeira repasadas entre o alcalde e o conselleiro de Educación

29 Outubro 2021

O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz mantivo esta mañá unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, coa fin de abordar diversos asuntos que entran dentro do ámbito das competencias deste departamento autonómico.
Así, a educación foi o asunto prioritario nesta xuntanza celebrada en Santiago de Compostela, repasándose no transcurso da mesma a situación no municipio e valorando as diversas necesidades existentes en materia de infraestruturas, como son o caso dos centros de Frións e o Heroínas de Sálvora de Aguiño. De igual xeito, agora
que está en exposición pública o cambio de destino da actual comisaría de policía, alcalde e concelleiro falaron sobre a adecuación deste inmoble para dotalo dun uso educacional e máis a súa conexión cos edificios existentes do colexio O Grupo.
Noutra orde de cousas, e visto que a boa marcha dos traballos de construción do novo Auditorio na praza do Centenario fan prever que poida estar en funcionamento no último trimestre do 2022, Ruiz Rivas solicitou que se teña en conta este feito nas futuras programacións culturais da Xunta.
Castro de Porto Baixo
Un último punto que o conselleiro se comprometeu a estudar é a realización dunha actuación arqueolóxica no castro de Porto Baixo, situado dentro do parque natural.

Entre os temas tratados abordouse a conexión do colexio O Grupo co inmoble da Comisaría

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...